Tanto tempo hai que non escribo por aquí, que xa non sei se darei "conta do recado".
Mais desta volta vou tentar sintetizar a viaxe destas vacacións, porque vai axudar tamén a non esquecer.
Aínda que o reto incluía viaxe en coche de máis de 1800 km, quixemos achegarnos a Xenebra, pero parando antes nunha cidade medieval do sur de Francia:
CARCASSONNE ( en occitano Carcassona).
O certo é que parece inclible que unha cidade medieval de semellante tamaño poida estar tan ben conservada e coidada. A súa vista dende lonxe, xa dende a mesma autoestrada é impresionante, pero a medida que un se achega, queda aínda máis engaiolado.
![](https://1.bp.blogspot.com/-EoD3e5vDeR0/V6-ukVrlVXI/AAAAAAAAAyM/i3dQTisdcrszR8CdnU_oihxgrR8pyie2gCLcB/s320/DSCF1494.JPG)
A cidade medieval está na zona máis elevada e separada da Bastide de Saint-Louis polo río Aude, onde se atopa a vella ponte do séc. XIV. Ademais a cidade está atrevesada polo
Canal du Midi, unha marabillosa obra que fixo navegable un curso fluvial dende o Mediterráneo ata o Atlántico.
![](https://1.bp.blogspot.com/-TsEYcJcj7Wc/V6-xz5hvTxI/AAAAAAAAAyk/gzwYgUIv-Jgxd84Tn2uYfJwiLoh9EqeggCLcB/s320/IMG_20160730_215120.jpg)
Na cidade medieval destacaba o número de restaurantes e establecementos dedicados ao turismo, todo perfectamente organizado e preparado para que un sentise a necesidade de quedar alí aínda máis tempo.
![](https://1.bp.blogspot.com/--iGwWBZdn4s/V6-lzWbVCqI/AAAAAAAAAx8/dUQ6jyvNcc4E7S-k3aAiLSFaN9rlEo0aACLcB/s320/IMG_20160731_104948.jpg)
Na Bastide de Saint-Louis destacaba a catedral de Saint-Michel, onde asistimos por casualidade a unha celebración especial, que servía de homenaxe ao
sacerdote asasinado unha semana antes en Francia. Aínda que só estivemos uns minutos, era impresionante o respecto e solemnidade do acto, no que mesmo puidemos escoitar a execución do maxestuoso órgano de tubos. No exterior do templo agardaban tres militares coas súas armas automáticas, como "garante da seguridade".
![](https://2.bp.blogspot.com/-8g3hrDgnjXs/V6-v25cMYrI/AAAAAAAAAyY/yytNnjsS2ngTuyVjqmVcxIG2t_xyPsXGQCLcB/s320/DSCF1510.JPG) |
Le Château Comtal |
As 24 horas que estivemos en Carcassonne serviron para adorar a cidade, pero cumprían 24 días para coñecela de verdade.
Nenhum comentário:
Postar um comentário