Agora que continúo este blog previsto hai moitos meses, quixera facer referencia a un acontecemento moi importante para min, e tamén, para o futuro deste blog e para os seus contidos.
Acaba de divulgarse a publicación do libro "Barro en imaxes", por iniciativa da Asociación Cultural Barosa. Trátase da edición dunha parte do arquivo de Reinaldo Constenla, o fotógrafo que durante décadas tivo como obxectivo inmortalizar as xentes e as pegadas culturais do Concello de Barro. Para min, o feito de ver unha foto do meu avó paterno mostrando fachendoso o seu novo lagar, ese lagar do que eu falei na presentación da eira de Balixe é todo un descubrimento.
Na fotografía pódese ver o meu avó Jesús, preparado para apretar o torno e esmagar o bagazo do lagar, orgulloso porque xa tiña un lagar de seu onde facer o seu propio viño, e que ben se ve non era pequeno. Detrás del unha bicicleta, aínda cos cromados brillantes polo que debía ser ben nova, que seguramente era de meu pai, o fillo pequeno. Á beira do lagar aparecen maxestuosas dúas tinallas, unha delas semella de estrea, preparadas para encher co bagazo do viño tinto e deixalo alí a ferver. E arredor deste lagar, construído debaixo do cuberto a carón da casa, montes de millo xa esfollado, cunhas cestas de vimbio cheas de espigas que logo habían deixar secar.

2 comentários:
Ía comentarche o do libro que descubrín en outro blogo.
Non creo que necesites muita axuda co blogger pero se precisas algo non dubides en comentalo.
A viaxe a Fisterra temos que falalo porque eu traballo pola semana.
A cultura do vinho, pra quem nasce no trópico, é uma coisa exótica e litúrgica... Lembro perfeitamente a minha primeira vendima em Perdecanai, Barro. Todas aquelas coisas que eu só conhecia pela música e literatura. Finalmente pude tocá-las e participar das cantorias. Foi muito divertido. Além-do-mais, eu era o único homem que estava ali colhendo as uvas debaixo das parras com minha namorada e um monte de senhoras muito simpáticas...
Postar um comentário