terça-feira, 16 de fevereiro de 2010

O noso orgullo

Escoiteino onte á mañá na radio, antes das oito, cando ía traballar, e ao revés do que lle pasou a Luis Tosar, deume un "subidón" que non sei explicar. E é que me emocionei tanto ao sentir como facía o seu agradecemento máis íntimo na nosa lingua que me sentín orgullosa, como se fose da miña familia.

E finalmente pensei que si, que era da nosa familia, da familia dos que estamos orgullosos da nosa lingua e do noso pequeno país.
Os meus parabéns e longa vida e traballo.

7 comentários:

Carlos Sousa disse...

Aínda non o escoitara, e agora comparto o teu "subidón". Da gusto escoitar nunha gala tan importante a nosa lingua, sen complexos. Todo un exemplo. Non sei como lles quedaría a cara a algúns que sabemos...

Rdf disse...

Comparto o mesmo sentimento de orgullo... e non creo que sexa pecado.
Tocante á cara dalgúns... seica andaba polo evento, pero non creo que lles escache: téñena durísima.

paideleo disse...

Tamén me gustou os aplausos que deu o público cando dixo que ía falar en galego.
Foi un pequeno discurso pero un gran salto para o galego.

A nena do paraugas disse...

O que máis me gusta deste actor galego, a parte da maxistral forma na que interpreta calquera personaxe, é a súa discreción e o orgullo co que sempre leva a bandeira da súa Terra e do idioma galego.

Rdf disse...

Agradézoche a mensaxe do certame Os Viadutos. Vivo aquí ó lado e pasábame desapercibido.
Sempre que teño información destas actividades, pásolla ós meus seareiros. É para que se animen, pero algúns pensan que o fago para cocerlles a neurona. ¡Meus pobres!

Chousa da Alcandra disse...

A lingua que nos une e nos fai percibir esa sensación (esa realidade) de que somos un pobo!.
Tal cal o dis, así mesmo o sentín eu tamén.

Bicos.

Carlos Sousa disse...

Tamén vin a foto que falas do Faro de Vigo. E si, son o que está ó carón de Paideleo. Alí ó fondo cando nos despistamos quedamos sen libro, e se mal non recordo, me parece que un era para vós... Pode ser?

Xa puxen as comparacións das rúas de Ponteareas, e veñen dúas da Rúa Reveriano Soutullo, xusto de donde falas. Nada que ver coa de agora.

Bicos