Pois si. Ventando os "neboeiros" que chegaron despois do reconto das mesas, onte fixemos o re-magosto, desta volta cos cativos tamén.
O día non puido estar mellor, mesmo pasamos calor de máis (quen o ía dicir nun 20 de novembro). Claro que, coincidindo nesta data certas celebracións do pasado, un pode agardar calquera cousa.
Nós, mentres houbo luz, aproveitamos para comer, beber, tocar e escoitar música, xogar ao pano, ao brilé e ao fútbol, que neste lugar hai sitio para todo. E suamos, rimos e abafamos, pero sobre todo pasámolo de medo, e aínda máis os máis cativos.
Así que o abraio que veu despois das dez da noite xa formaba parte doutro día, doutro rumbo que haberá que coller apertando ben as cordas entre as mans.
De agora en diante o panorama vai mudar, e non precisamente a mellor. E por riba estaremos rodeados de soso-men e sosa-women, aburridos e grises, igual que apareceu o día hoxe.
Para combatilo ocórreseme que se poden ver algúns capítulos desta miniserie cómica da TVG, ERA VISTO, que sempre pode axudar a rir, mesmo de nós mesmos.
Mostrando postagens com marcador cousas veredes. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador cousas veredes. Mostrar todas as postagens
segunda-feira, 21 de novembro de 2011
sábado, 19 de novembro de 2011
"Hilitos de plastilina"
Non puiden evitar pensar en varias ocasións, durante esta semana, na pouca memoria que temos (ou que ten a maioría da xente). Basta que nos emborrachen con noticias interesadas que logo esquecemos o que non interesa lembrar. Menos mal que houbo xente que nos refrescou a memoria e demostrou que a memoria tamén pode ser selectiva: Lira, Facer memoria, ou Os danos da marea negra.
Aínda así non podo esquecer a amargura e a angustia destes mesmos días do ano 2002, a tres semanas de ter a miña pequena, co maior ingresado no hospital con meninxite (que por sorte superou sen problemas), e o Prestige a verter "regueros solidificados con aspecto de plastilina en estiramiento vertical", chamados polo protagonista da frase "hilitos de plastilina". Ese 19 de novembro vino afundir en directo, na TV, dende o cuarto do hospital, a carón do meu fillo que se recuperaba.
E hoxe quixera ter de novo esperanza, pero as novas que nos agardan mañá non creo que vaian por ese camiño.
Polo menos haberá que seguir tendo memoria.

quarta-feira, 9 de março de 2011
O lerio da toponimia
Ben sabemos que os topónimos galegos non sempre son respectados, que foron castelanizados e deturpados centos de veces ao longo da historia, que a ignorancia facía traducións esperpénticas que mesmo daba ganas de rir (por non chorar, claro), e tamén sabemos, para a nosa desgraza, que o pouco interese e o desleixo pola nosa lingua e a nosa cultura fai que ás veces se utilicen os tradutores automáticos indiscriminadamente, e que aquilo que non ten tradución (os nomes propios de lugar ou persoa) aparezan traducidos dun xeito estrambótico.
Pero claro, unha nunca acaba de acostumarse ás aberracións, e tristemente volvín atopar outras.
Buscando non sei que cousa sobre o meu concello atopei unha páxina chamada esgalicia.com, na que alén de promocionar o noso país só en castelán aparecían unhas "traducións" dos topónimos do Porriño que non daba creto a ler, e iso que na propia páxina din "Esta empresa ha sido creada para dar una información lo mas exacta y extensa posible de Galicia".
Como poderedes comprobar se ides á ligazón de máis arriba, O Porriño seica ten unha parroquia que se chama "Perros" e outra que se chama "Pontones". Así que cando veñades de "turismo" por aquí non se vos ocorra buscar por CANS (nin sequera polo Festival de cine), e moito menos por PONTELLAS se queredes ir á festa de San Campio. Pero segundo din nesa web, a comarca e o propio concello están regados polo río Rubio, e por riba na parroquia do Porriño temos un monte que se chama "el monte de la Raya"!
Por se había posibilidade de corrixir estas barbaridades e recuperarmos o noso río LOURO e máis o MONTE DA RISCA, envieilles un correo ao contacto da web avisando dos erros e solicitando a súa emenda. Pero disto xa van máis de dez días e non recibí resposta ningunha.
Non podo entender que se publique unha web destas características e que non teñan o coidado de revisar os textos, sobre todo se lle meten un tradutor. E agora penso de onde sacaron o texto traducido, porque na propia web non está en galego... de onde o fusilarían?
Aínda que pouco poidamos facer, anímovos a que busquedes o voso concello nesa páxina, sinaledes os topónimos deturpados que aparezan e logo lles enviedes un correo avisándoos. Quen sabe, se cadra se somos moitos a queixarnos igual facemos algo.
domingo, 19 de setembro de 2010
Tan perto e tan lonxe
Moitas veces adoitamos buscar lugares sorprendentes e marabillosos lonxe da nosa casa ou do noso país. As máis delas comprobamos as diferencias e o atraente dos lugares afastados xeográfica e culturalmente, pero non sempre nos decatamos das marabillas que temos á beira.
Como esta semana tiven algúns días soltos de vacacións, que agradecín para poñer en orde a vida doméstica e comezar setembro cos deberes feitos, aproveitei tamén para convidar aos da casa a facermos unha pequena excursión. E alá fomos, tan perto pero tan lonxe, a Monteferro. Porque o certo é que imos moitas veces ás praias de Nigrán pero xa había ben tempo que non subiamos a este recanto.
Andar non andamos moito, que os rapaces estaban cansos e xa ía moita calor contra o mediodía, pero puidemos comprobar que a urbanización aumentara moito no inicio da subida con respecto á última vez que estiveramos alí, ao mellor demais (beirarrúas en exceso, farois, cableados, rotondas, piche, e demais signos de "modernidade"). Logo, buscando na rede, atopei que xa hai xente comprometida e preocupada por este fermoso contorno natural e o seu futuro, e que cómpre estarmos atentos a estes e outros lugares para que non sexan vítimas da especulación e a urbanización excesiva.
Aínda así fixemos unha ruta que nos levou dende o comezo da estrada ata a punta máis ao norte-noroeste, onde puidemos comprobar que rozaran a vexetación recentemente e accedimos a un pequeno cabo dende onde miramos as Illas Cíes ao noso carón, a Praia de Patos á dereita e o Faro de Monteferro á esquerda.
E enriba duns cons, alá no fondo, estaban pousados uns corvos mariños que miraban cara ao horizonte.
O certo é que daba gusto camiñar polas zonas máis sombrías, sentindo o recendo do mar e a frescura do vento mareiro. Iso si, nalgúns lugares, amáis de piñeiros abondaban tamén as acacias e as mimosas, que parece que dun tempo a esta parte están a medrar sen control. Cumpría unha boa limpeza destas especies invasoras.
Logo collemos o coche novamente ata o cumio onde se vían con claridade as Estelas, Panxón, Praia América, Monte Lourido, a Praia de Santa Marta e Baiona. Era como unha imaxe desas de 360º das webs de turismo, a facernos tolear e confundir, que un xa non sabía onde era mellor deter a vista. Logo camiñamos arredor do monumento á mariña universal, que tamén ten a cancela que dá á cheminea interior rota e cun monte de broza dentro. O contorno do merendeiro coas súas mesas e asadoiros estaba limpo e en bo estado, e convidounos a volver noutra ocasión acompañados dunha boa merenda para ver dende alí o solpor.
Oxalá que non estraguen este fermoso lugar, que para acondicionar os espazos de recreo non é preciso empichar e encher de cemento todo canto hai. Para os bos camiñantes non hai nada mellor que os carreiros e camiños de terra e pedras.
Dende alí baixamos deica Panxón para lles mostrar aos cativos unha das fermosas creacións do noso paisano, o porriñés Antonio Palacios: o Templo Votivo do Mar. Así puidemos ensinarlles unha das marabillas do arquitecto porriñés, ao que pouco a pouco e sen se decatar van admirando e afeccionándose. E cando se senten ao seu carón no banco da Praza do Concello saberán algo máis deste artista da edificación.
E sen querelo, nós tamén, lembramos algo xa esquecido: a existencia, a carón deste templo, dun arco xermánico.
Ás veces descubrimos ao noso carón cousas marabillosas que mostran a sabedoría dos nosos devanceiros e, coma neste caso, unha concepción estética do contorno admirable.
Ás veces descubrimos ao noso carón cousas marabillosas que mostran a sabedoría dos nosos devanceiros e, coma neste caso, unha concepción estética do contorno admirable.
quarta-feira, 8 de setembro de 2010
Nordestinas no sur
Hoxe o día amenceu morriñento, coa preguiza esa que se acubilla en nós cando comeza a refrescar e se fai preciso achegar a roupa ao pescozo ao espertar. Parecía máis un día do norte que do sur, maiormente polas nubes negras e grises que fixeron do ceo un mar de algodón.
Lembrei as NORDESTINAS, que o sábado estiveron no Porriño regalándonos os sentidos...
A súa forza no directo é marabillosa: a voz profunda e agarimosa de Ugía; a vocalización e expresividade magnífica da voz aguda de Guadi; e os harmónicos sons producidos polos vertixinosos dedos de Abe envolvéronnos nas ondas dese mar do norte do que falaban.
Claro que, á parte da música, as súas palabras e comentarios retranqueiros tamén nos enriqueceron, e así soubemos que aos jodechinchos chámanlles en Cedeira carollos (referido principalmente aos veraneantes de Ferrol). E é que en todas partes espiga o pan, e xa se sabe que entre veciños...
Dende este sur abafante, nun verán ardente e longo de máis, recibín con verdadeira emoción e pracer aos nordestinos, igual que hoxe recibín marabillada o cheiro a inverno coa auga do ceo feito de algodón gris.

quinta-feira, 29 de julho de 2010
Tarde piei!
Pois si, con esta mesma frase me regalou o oído a pequena cando estabamos a bañarnos hai un par de semanas en augas bravas do atlántico. O certo é que o mar estaba aqueles días ben movido e non sempre se podía escapar da súa forza. En medio do baño, e xusto cando andabamos a saltar as ondas para evitar que pasaran por riba da nosa cabeza, a cativa foi sorprendida por unha onda grande que lle fixo tragar un bo grolo de auga salgada; e, de contado, ela berrou ao tempo que ría: tarde piei!
Non sabía eu que a súa cabeciña ía transformar á súa maneira a frase que eu sempre lle digo cando acorda algo fóra de tempo: tarde piaches! Pero o certo é que me fixo rir e sentín que a nosa lingua tamén estaba viva para ela.
Pero tamén cando un sae fóra do país parece que os oídos están máis perceptivos e que son máis permeables a todo aquilo que chega a eles. Así é como tamén observei, durante as vacacións, que os galegos e galegas que paseaban pola cidade da "panza de burro" eran facilmente recoñecibles. E non é que chamase a atención a súa entoación, o seu vocalismo ou a cadencia das súas frases. Non. Recoñecíanse facilmente porque falaban galego, entre eles e cos seus fillos, e iso enchía as miñas orellas de dignidade e orgullo.
Alí tamén vimos moitos restaurantes galegos, que promocionaban a comida galega e canaria. E é ben certo que degustamos pratos moi saborosos (rancho canario, papas arrugadas, co seu mollo de cilantro, picón ou vermello; ou gueldes fritidos.
Pero o polbo guisado que tomamos aínda non chega ao noso á feira, con perdón, que eles chámanlle "guisado" ao que para nós é cocido.
Por certo, que nesas terras do sur ao millo tamén lle chaman millo.
Ao mellor o que teríamos que facer é ir todos uns días fóra da terriña para decatármonos do afortunados que somos, e para sentirmos de verdade o orgullo de termos unha lingua de noso. E xa se sabe, como parece que o que vén de fóra semella mellor que o propio, se cadra ao mirar cara a dentro dende o exterior decatámonos do seu valor.
A nosa lingua segue a ter futuro e segue viva, dentro e fóra do país.
Non sabía eu que a súa cabeciña ía transformar á súa maneira a frase que eu sempre lle digo cando acorda algo fóra de tempo: tarde piaches! Pero o certo é que me fixo rir e sentín que a nosa lingua tamén estaba viva para ela.
O caso é que nestas semanas de calor, nas que nos mergullamos nos areais e en todas as augas que poidan servir para nos refrescar, teño observado que a lingua galega está máis viva do que algúns quixeran.
En Nigrán, a onde acostumamos ir cando imos ao mar máis perto, sempre observo como a maioría da xente fala galego. Si, galego, e iso que en xullo e agosto está chea de "madrileños et alii". Pero a xente da cotorna e de terras próximas fala a cotío na lingua do país. É moi gratificante escoitar como a falan os mozos e mozas adolescentes que "ligan" no areal, ou aqueloutros algo máis maduros que xogan partidos de fútbol na area, ou aqueles pais e nais que levan aos cativos á beira nos seus primeiros baños no mar. Alí mestúranse marabillosamente os sons seseantes e cantareiros da beiramar cos ecos do "tu" ou o "eiquí" que veñen de terra adentro.
Pero tamén cando un sae fóra do país parece que os oídos están máis perceptivos e que son máis permeables a todo aquilo que chega a eles. Así é como tamén observei, durante as vacacións, que os galegos e galegas que paseaban pola cidade da "panza de burro" eran facilmente recoñecibles. E non é que chamase a atención a súa entoación, o seu vocalismo ou a cadencia das súas frases. Non. Recoñecíanse facilmente porque falaban galego, entre eles e cos seus fillos, e iso enchía as miñas orellas de dignidade e orgullo.
![]() |
| RANCHO CANARIO |
| PAPAS ARRUGADAS |
Pero o polbo guisado que tomamos aínda non chega ao noso á feira, con perdón, que eles chámanlle "guisado" ao que para nós é cocido.
Por certo, que nesas terras do sur ao millo tamén lle chaman millo.
Ao mellor o que teríamos que facer é ir todos uns días fóra da terriña para decatármonos do afortunados que somos, e para sentirmos de verdade o orgullo de termos unha lingua de noso. E xa se sabe, como parece que o que vén de fóra semella mellor que o propio, se cadra ao mirar cara a dentro dende o exterior decatámonos do seu valor.
A nosa lingua segue a ter futuro e segue viva, dentro e fóra do país.
sábado, 8 de maio de 2010
Desfacendo

Hoxe esquecín levar a cámara de fotos cando fun facer os recados ao centro, pero case mellor. Como xa dixo Paideleo, volveron soterrar as vías do tranvía.
Poida que non lle parecera que o resultado final fose o mellor, pero que despois do traballo e o custo económico que supuxo mostrar ese anaco da historia do Porriño dean en desfacelo e ocultado baixo lousas, non ten perdón.
O caso é que seica era un perigo e que entorpecía moito o paso... Non creo que ese sexa o motivo, porque ademais de ser mentira sempre se podía ter buscado unha solución mellor (poñer unha varanda máis alta, cambiar o tipo de cristal e a ventilación,...). Pero non, do que se trata é de desfacer o que fixeron os outros, para que se vexa quen manda aghora.
E falando de desfacer, tamén están facendo unha boa desfeita as máquinas da deputación que están "empichando" todas as rúas da Gulpilleira.
Definitivamente, tolearon:
botaron tal capa de asfalto que agora parece unha estrada nacional! E creo que tamén andan por Atios e por outras parroquias, de novo para que se vexa quen manda aghora (mentres que nos sete anos anteriores esas mesmas máquinas nin sabían onde quedaba O Porriño).
E desfacendo, desfacendo, ao mellor tamén toca algo pola Escola de Música. Onte comunicáronnos nunha reunión da ANPA que o alcalde non tiña moito interese en continuar coa escola, que eran demasiados gastos e que coa banda de música chegaba!
Teremos que agardar logo a que saia a concurso a nova concesión, pero se é así, creo que veñen tempos revoltos na Louriña.

segunda-feira, 19 de abril de 2010
Concertazo
O certo é que ao principio tiven as miñas dúbidas sobre ir ao concerto de Pontevedra, organizado por Queremos Galego. As dúbidas viñan de se ir toda a familia ou levar só ao maior dos fillos (de 12 anos), porque en canto soubo que actuaban Luar na Lubre, Fuxan os Ventos, Berrogüetto, Ruxe Ruxe e Lamatumbá (entre outros) non quería perdelo.
Finalmente o pai quedou na casa coa pequena, porque pensamos que ía ser moito tempo para ela e que se ía facer moi tarde. E foi mellor así, porque o irmán non quería marchar sen escoitar e ver a Lamatumbá, e claro, eran os últimos en subir ao escenario.
Cando chegamos á beira do Lérez xa vimos mareas humanas de xente que se dirixían ao recinto feiral, e a cousa prometía. Nós, polo si ou polo non, levabamos cadanseu bocata de tortilla francesa e auga, e logo de ver as colas que había para facerse con algo de beber ou comer, fixemos ben.
Non podo dicir que houbera grupo que nos decepcionara, mesmo descubrimos algúns que non coñeciamos e que cumpriron as mellores espectativas.
Así foi que comezou Zurrumalla, co seu estilo tradicional e festivo. Logo viu Fía na Roca, que malia non estaren todos por mor doutros compromisos, non querían faltar nesta festa da nosa lingua, segundo manifestou Sonia Lebedynski.
E a cousa comezou a subir de ton en canto apareceu no escenario Fuxan os Ventos: alí os estaban, diante dos nosos ollos, sen faltar ningún (mesmo estaban todos os músicos que os acompañan na actualidade). Os cinco temas que tocaron (igual ca todos os grupos) souberon a pouco e marcharon baixo o berro de "outra, outra!".
Logo actuaron Espido e García MC, co contraste de estilos, voces e harmonías, pero co denominador común da lingua propia e da rebeldía.
mamá eu quero galego,
quero escribilo, e quero lelo,
quero falalo na rúa e no colexio"

A temperatura seguiu a subir e houbo un estourido cando saíu o Carrabouxo e comezou a animar co seu humor retranqueiro, e a cantar e facernos cantar, que alí cantou ata o máis apoucado aquilo de:
"Mamá eu quero, mamá eu quero,mamá eu quero galego,
quero escribilo, e quero lelo,
quero falalo na rúa e no colexio"
E de seguido faciamos todos coro co de:"Xoo, Feijoo!".
El mesmo foi o encargado de presentar o seguinte grupo, nada menos que os de Ruxe Ruxe. Nunca tal cousa vira e tanto o cativo coma min quedamos prendados. E por riba cantaron a de "Na miña casa non manda nighén". Era a guinda do pastel.
A seguir houbo sosego e pracer sonoro cando encheu o escenario coa súa voz Uxía, que mesmo parecía que estabamos vivindo no ceo. E pouco despois chegaron a forza e a mestura de Berrogüetto, que conseguiron facernos vibrar dun xeito abraiante: os pés movíansenos sen querer.

Berrogüetto - Lévame de aquí
Berrogüetto | MySpace Music Videos
Luar na Lubre buscou para a ocasión temas que poideran ser seguidos por todos e conseguiu que a xente cantara con eles; mesmo interpretaron "A Carolina", pero co retrouso mudado para a ocasión: "Queremos galego, queremos si señor; queremos o decreto?, non o queremos non!".
Logo viu A Quenlla, coa súa voz de denuncia, compromiso e solidariedade (interpretaron Irmau), Os Carunchos co seu cantar festivo e de raíz, e Os Tres Trebóns, que mesmo parecía que ían rachar co escenario (Xurxo Souto, coma sempre, sen perder os folgos).
E chegamos ao final; despois de estar alí seis horas non iamos marchar sen ver a Lamatumbá, que senón ao rapas dáballe un algho. Estiveron bárbaros!

Pagou a pena. Parabéns á organización deste macro-concerto, porque acubillar a tanta xente e acomodar a tanto músico no mesmo escenario, conseguindo ademais que a parte técnica estivera case ao cento por cento e coa celeridade con que o fixeron merecen unha forte ovación.
Alí demostrouse que a xente así o sentía, e, dende logo, a nosa lingua estivo o sábado máis viva ca nunca. Mil primaveras máis!
Alí demostrouse que a xente así o sentía, e, dende logo, a nosa lingua estivo o sábado máis viva ca nunca. Mil primaveras máis!
domingo, 4 de abril de 2010
Un nome fermoso
Hai uns días fun testemuña dun feito abraiante e vergonzoso.
Fun presentar un documento nun rexistro dun concello (non digo cal por non ferir sensibilidades), e mentres agardaba a que fose atendido un mozo que estaba diante miña coa súa cativa (de non máis de tres anos) presenciei unha escena indescriptible.
A "funcionaria" (e póñoo entre aspas porque é un insulto para o funcionariado) preguntoulle ao mozo (seguindo, como veredes, os principios máis elementais da cortesía, a boa educación e o respecto pola lingua dos administrados):
- Como es el nombre?
- Marea, - dixo o mozo.
- María?
- Non, Marea.
E arqueando as cellas de incredulidade como se acabase de aterrar noutra galaxia continuou:
- Marea???? Y ese nombre, de donde lo sacasteis?
E sen deixar falar continuou:
- Desde luego, ahora le poneis unos nombres más raros...
E eu que fervía por taparlle a boca á maleducada "funcionaria" espetei:
- Pois é un nome moi bonito!
O mozo mirou para atrás como agradecendo coa mirada que alguén o defendese de semellante abuso e limitouse a esbozar un sorriso de agradecemento. Logo atendeu con moi boa educación o espiche da "señora" e non se queixou en ningún momento.
Pero como a "susodita" aínda non quedara conforme, volveu atacar:
- Es que ahora le poneis unos nombres rarísimos; como si os da por ponerle "bolígrafo".
Eu, que xa non aturaba máis o sangue que fervía a cachón na miña cara e a vergonza allea que me estaba a dar a escena, atinei só a defender - para non ser eu tamén malensinada -:
- Pois como moitos outros nomes da natureza: Lúa, Sol ou Mariña. Marea é precioso.
O mozo continuou coa xestión e a "elementa" calou por fin co conto.
Eu mirei para a cativa, que era fermosa coma un sol e doce coma a Marea, e pensei que o nome lle ía que nin pintado. Observei de novo o seu pai, calado e resignado, mostrando unha educación e unha paciencia dignas dun Santo Job. E logo volvín ver a cara de ferreiro da "señora" e a súa ignorancia supina sobre onomástica, sobre a nosa lingua e sobre as máis elementais normas de convivencia, respecto e educación.
Convencinme a min mesma de que isto era unha anécdota e de que a susodita era unha rara avis, a Deus grazas. E malia o espectáculo, quedei contenta de ter estado alí nese preciso intre para poder dicir que Marea era un nome moi fermoso.

terça-feira, 2 de fevereiro de 2010
Vergoña allea
O conto é que se xuntan os do PP, os Independentes (unha escisión do PP), e máis Cidadáns... (unha escisión dos independentes), e por riba a forza máis votada das tres (PP) cédelle a alcaldía á segunda (Cidadáns), e o candidato dos Independentes di que deixa a política...
Ou eu son moi parva ou aquí cheira a ghato.
O único bo que nos queda de todo este vergoñento proceso é que unha boa parte da cidadanía foi quen de saír á rúa e dicir que isto era unha trapallada e que estaba en contra da moción. E así naceu a plataforma contra a moción de censura no Porriño.
De seguro que as cousas xa non volverán ser iguais, porque o noso silencio xa non o poderán mercar nunca máis.
terça-feira, 5 de janeiro de 2010
domingo, 29 de novembro de 2009
E a nosa selección?
El, que asistira en 2007 ao partido entre Galicia e Camerún, non esqueceu o ben que o pasaran (malia ter agardado máis dunha hora a que comezase o partido e o frío que paparon), o ambiente, a festa e o recén estreado anuncio de Gadis a soar seguido polos altofalantes a dicir: Vivamos como galegos!
Sen saber moi ben como explicarllo dixémoslle, para abreviar e simplificar, que este ano non ía haber partido da Selección Galega porque nin foran convocados nin se sabía que ía pasar no futuro coa Irmandiña. El preguntou con cara de estrañeza por que, e espetámoslle: o goberno galego de agora non ten interese na Selección.
Logo quedei pensando no sinsentido da frase: un goberno "galego" non ten interese polo "galego", pero non só pola Selección, unha anécdota máis, senón pola nosa lingua no ensino e na administración pública, pola actividade cutural do noso país, polas traducións ao galego de clásicos universais e polas traducións a outras linguas da clásicos galegos,... En fin, non souben explicalo, e non o entendo.

Como non perdo a esperanza e creo que a auga, tarde ou cedo, ten que volver ao seu rego, vou pedir aos Reis Magos que no 2010 se reconduza a situación, e que nós, as galegas e galegos, sexamos quen de reclamar o que é noso. Agardo tamén que o agasallo non quede nun simple "chiche verás pra o día de San Blas", ou como sentín dicir onte ao meu compadre "un estatalá furado para a Pascua".
segunda-feira, 16 de novembro de 2009
Quen sabe, sabe
Non sei se é que me estou a facer vella, ou que teño demasiada sensibilidade, pero sexa como for non me dá vergoña recoñecer que me emocionei con este video. Chegoume a través de TRAFEGANDO RONSEIS, e ás veces penso que se tiveramos máis en conta os nosos maiores saberíamos vivir mellor e entender cousas que escapan ao noso entendemento.
Oxalá se invista máis en investigación e o "alemán", como se lle chama popularmente ao Alzheimer, deixe de destruir a mente das persoas.
Mentres, aprendamos deles: teñen máis experiencia ca nós.
sexta-feira, 4 de setembro de 2009
A pita tola
Xa hai días que ando a voltas no meu caletre, como diría o detective Conan, coa importancia que teñen os xestos na transmisión da lingua. E cando digo xestos non me refiro á linguaxe xestual, senón a determinadas actitudes e feitos que os gobernantes fan e desfan coa lingua propia do país, e daquela tamén, coa nosa cultura. Porque as voltas que lle dan aos feitos para desfacelos é cousa ben revirada.
Aínda que teño que recoñecer que non me gustan nada os debuxos xaponeses, os cativos da casa están ensarillados con algún, e especialmente neste tempo co fantástico detective nipón.
E o certo é que, ben mirado, valen máis vinte minutos destes debuxos para a transmisión da nosa lingua que todas as desfeitas que está a facer a Consellería de Educación. Como ben di M. Rivas "O pinchacarneiro que tiveron que dar para non chamar escolas galegas ás escolas galegas"; é máis, mira que desfacer o nome de Galescolas para darlle o nome dunha pita, que por riba é azul... manda truco!Aínda que teño que recoñecer que non me gustan nada os debuxos xaponeses, os cativos da casa están ensarillados con algún, e especialmente neste tempo co fantástico detective nipón.
Agora xa non sabemos se cando menos van permitir fomentar o uso do galego naquelas contornas galego falantes, porque o que é nos ámbitos castelán falantes temos a certeza de que non. Claro que, con iso da "imposición lingüística" coa que querían obrigar aos cativos e cativas de 0 a 3 anos a cantar cancións en galego, a aprender ditos, refráns e xogos de palabras na nosa lingua ían claramente en contra da súa liberdade e da dos seus pais...
Pero alén dese estado de esquizofrenia no que temos que abandonar o propio polo alleo, ao mellor conseguimos emitir sons do tipo . "co, co, ro, cooooo" ou "qui, qui, ri, quiiiiii", coma no poleiro. E xa postos, era mellor que lle chamaran "A pita tola": é máis lúdico, cómico e enxebre que "a galiña azul" ou "the blue hen". Porque os nosos pequenos ben seguro que viron algunha vez unha pita tola pero, unha galiña azul?
Assinar:
Postagens (Atom)