Pois ben, eu tamén lembrei o meu pai, que xa non pode gozar destes inventos e escribir nestes trebellos. Pero como el, ao seu xeito, tamén era un pouco poeta, vou facer agora como se eu fose a súa editora e publico uns versos seus, para min moi divertidos e cheos de retranca, como el mesmo era. Mágoa que non lle dera tempo de mudar o seu nome para o galego. Así asinaría Xesús e estaría no blogomillo.
Tiña unha moza en Arcade
que coñecín en Borbén,
non é que fora mui bonita
pero pasar, pasaba ben.
Unha ves quixen ir alá,
e por aquel maldito camiño
rompéronme as tamancas,
que mercara no Porriño.
Vin de volta como puiden,
camiñando descalciño,
e cheguei a Ponteareas
algo máis morto que vivo.
Outra ves que quixen ir
pedinlle o cabalo ao Roxo,
caéulle unha ferradura
e o cabalo quedou coxo.
Quíxenlle arranxar a pata
e parei en Redondela,
había festa no pobo,
pillei unha borracheira.
Botei dous días durmindo,
durmin coma un condenado,
cando quixen vir de volta
case me morre o cabalo.
E daquela moza de Arcade
non souben o que foi dela,
sempre me perdín no camiño
ao chegar a Redondela.
que coñecín en Borbén,
non é que fora mui bonita
pero pasar, pasaba ben.
Unha ves quixen ir alá,
e por aquel maldito camiño
rompéronme as tamancas,
que mercara no Porriño.
Vin de volta como puiden,
camiñando descalciño,
e cheguei a Ponteareas
algo máis morto que vivo.
Outra ves que quixen ir
pedinlle o cabalo ao Roxo,
caéulle unha ferradura
e o cabalo quedou coxo.
Quíxenlle arranxar a pata
e parei en Redondela,
había festa no pobo,
pillei unha borracheira.
Botei dous días durmindo,
durmin coma un condenado,
cando quixen vir de volta
case me morre o cabalo.
E daquela moza de Arcade
non souben o que foi dela,
sempre me perdín no camiño
ao chegar a Redondela.
Nenhum comentário:
Postar um comentário