O sábado á noite estivo Milladoiro no Porriño. Foi un espectáculo marabilloso!
Lembrei tantos momentos emocionantes da infancia e da mocidade que sentín que estaba vivindo no ceo.
E ademais das xigas, muiñeiras, alboradas e pandeiradas que ofreceron, cun brío que facía que se che moveran os pés e o resto do corpo (aínda estando sentados), foi especialmente emotivo o intre no que comezaron coa súa versión de "Quen puidera namorala" e deixaron de cantar no retrouso para que cantaramos todos nós, que asistiamos como público. E cantamos, e moito...
Esta versión do tema de Luis Emilio Batallán está incluída no seu traballo A Quinta das Lágrimas, e a voz pona Laura Amado.
No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
quén poidera namorala,
meu amigo!
CUNQUEIRO, Álvaro, Cantiga nova que se chama Riveira, en Obra en galego completa, Vigo, Ed. Galaxia, 1980.
Realmente foi unha festa.
Longa vida, Milladoiro, e outros 30 anos máis.
Um comentário:
A Milladoiro sempre é un pracer velos, e a canción "Quen poidera namorala" mira que a teño escoitado veces e ainda me segue emocionando.
Postar um comentário