Como tiña a débeda de buscar a floriña que se parecía á flor do azafrán (da que falei hai pouco), aquí presento a denominada tollemerendas ou quitamerendas.
Segundo me dixeron hoxe cando andabamos de paseo polo San Amaro, e atopamos unha morea delas á beira do adro, era a flor que aparecía cando os días comezaban a devecer e xa non había tempo para tomar a merenda, pois coa caída do sol logo viña a hora de cear. E de aí lle vén o nome.
Pois ben, igual que pasou no Xurés, neste caso a devandita flor apareceu tamén no mesmo lugar onde nacía abundantemente a chamada flor do azafrán. Que terán as dúas floriñas en común?

Um comentário:
A min xa me parecera unha tollemerendas pero non arrisquei.
Ao millor podemos quedar este sábado pola Risca para cazar algunha desas flores ou castañas...
Postar um comentário