domingo, 29 de novembro de 2009

E a nosa selección?

Onte, cando estabamos a cear, e logo de que se xogase o "patido da xornada" que o noso maior foi ver canda seu pai, preguntou cando podían ir ver un partido a Balaídos, e se este ano ía xogar outra vez alí a Selección Galega. El, que asistira en 2007 ao partido entre Galicia e Camerún, non esqueceu o ben que o pasaran (malia ter agardado máis dunha hora a que comezase o partido e o frío que paparon), o ambiente, a festa e o recén estreado anuncio de Gadis a soar seguido polos altofalantes a dicir: Vivamos como galegos!

Sen saber moi ben como explicarllo dixémoslle, para abreviar e simplificar, que este ano non ía haber partido da Selección Galega porque nin foran convocados nin se sabía que ía pasar no futuro coa Irmandiña. El preguntou con cara de estrañeza por que, e espetámoslle: o goberno galego de agora non ten interese na Selección.

Logo quedei pensando no sinsentido da frase: un goberno "galego" non ten interese polo "galego", pero non só pola Selección, unha anécdota máis, senón pola nosa lingua no ensino e na administración pública, pola actividade cutural do noso país, polas traducións ao galego de clásicos universais e polas traducións a outras linguas da clásicos galegos,... En fin, non souben explicalo, e non o entendo.




Como non perdo a esperanza e creo que a auga, tarde ou cedo, ten que volver ao seu rego, vou pedir aos Reis Magos que no 2010 se reconduza a situación, e que nós, as galegas e galegos, sexamos quen de reclamar o que é noso. Agardo tamén que o agasallo non quede nun simple "chiche verás pra o día de San Blas", ou como sentín dicir onte ao meu compadre "un estatalá furado para a Pascua".

4 comentários:

Carlos Sousa disse...

Esta é a política que nos están a vender, o que pasa que tamén teñen a moita xente do seu lado e máis ben enganados. Que mellor cultura que a nosa lingua!!
A ver se recapacitan.
O do partido, unha mágoa que non o fagan, "política de austeridade" chámanlle. E despóis subvencionan a empresas fraudulentas... e non con catro pesos.

Vexote enlazado o IES Val do Tea, se non é moito preguntar, tes algunha relación ali?

Bicos dende Areas

Eva G. Rei disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
Carlos Sousa disse...

Pareceume ver outro comentario aquí... Eu fun un dos primeiros alumnos dese centro. Xa choveu

paideleo disse...

Paréceme a min que este ano o magosto vai rematar como a selección galega: non existindo.
Nesta fin de semana a muller ten un curso en Ourense.