segunda-feira, 16 de novembro de 2009

Quen sabe, sabe



Non sei se é que me estou a facer vella, ou que teño demasiada sensibilidade, pero sexa como for non me dá vergoña recoñecer que me emocionei con este video. Chegoume a través de TRAFEGANDO RONSEIS, e ás veces penso que se tiveramos máis en conta os nosos maiores saberíamos vivir mellor e entender cousas que escapan ao noso entendemento.

Oxalá se invista máis en investigación e o "alemán", como se lle chama popularmente ao Alzheimer, deixe de destruir a mente das persoas.
Mentres, aprendamos deles: teñen máis experiencia ca nós.

3 comentários:

Carlos Sousa disse...

A min pasoume outro tanto, aparte tocoume na miña familia.
A miña avoa, a que nos criou de pequenos xa que vivía con nós, antes de morrer xa tiña bastante avanzada a enfermedade. Miña nai era un claro exemplo como o deste vídeo, cada vez que preguntaba algo, contestáballe mal, como se non entendera o problema (claro que o entendía, pero non tiña paciencia). Eu contestáballe, se ben non co cariño que tiña que habelo feito. Despóis pesoume bastante.

A ver se algún día non existe.

paidovento disse...

Bonito vídeo, dá que pensar...

Brasilego disse...

Eu também me emocionei. E não é coisa da idade, pois não és velha. É difícil ficar indiferente se um tem coração. O Alzheimer é uma doença terrível. Faz pouco vi o filme "E você quem é?" que trata da relação dum avô e sua neta maior, que larga as oposições para cuidá-lo. Impressionante o sofrimento do cuidador, que muitas vezes é um membro da família e que os meios de comunicação ignoram. Todo o mundo presta a atenção na pessoa idosa.