terça-feira, 19 de janeiro de 2010

12 anos


Aínda que xa pasan das doce, hoxe, 19 de xaneiro, fixo 12 anos o primoxénito da casa. Ás veces penso que é imposible que aquel meniño tan tranquilo, durmiñón e mansiño, que tardou máis dunha semana en nacer sobre a data prevista, poida agora estar case tan alto coma min, teña unha grande sombra enriba do beizo superior e descontrole tanto o timbre e o volume da súa voz irrecoñecible que parece un estraño na súa propia casa.

Pero cando miro para el, ás veces sen que el me vexa, e miro como ri, as máis das veces con ese riso convulso que sae a cachón do seu corpiño medrado, faime sentir a persoa máis feliz do mundo. E iso que ás veces anda coa "parvoeira" e non é doado de aturar. Pero á nosa maneira, entendémonos.

De feito, el aínda non sabe cal é o agasallo que hoxe non chegou a tempo pero que está en camiño: un CD de Loretta Martin. Só agardo verlle a cara cando o teña entre as súas manciñas. Vanlle brillar os ollos coma se fosen dúas estrelas!


Oxalá sigamos tendo sempre esa complicidade e viva feliz moitos anos máis.

9 comentários:

Carlos Sousa disse...

Así que este e o rapaz que toca tan ben a gaita? Pode ser, non?
Pois moitos parabéns para el e para ti tamén, qu sempre é unha ledicia velos cumprir anos así felices, como se ve na foto.
Agora empezache a época complicada, estes carallos pensan que o saben todo e aínda lles queda moito por andar. Pero como dis, á vosa maneira seguiredevos a entender.

Este fin de semana tamén teño de cumpre ós meus, un 15 e a outra 4. Buff, como pasa o tempo. Xa vos contarei no blog.

Outra cousa, se me deras unha dirección electrónica, mandábache dúas fotos qu hai da rúa Reveriano Soutullo, dende a zona do instiuto vello, esa que me contas. Non as puxen neste post, porque non quería cargar moito coas fotos. Cando faga a das comparacións coas de agora porennas todas, vale a pena. Nesta nn se mira ningún edificio, nin o colexio das monxas, parece aldea mesmo.

En fin, un bico e parabéns o teu "pequeno"

A nena do paraugas disse...

Vémolos medrar e desenvolverse, pero realmente non acabamos de asumir que se fan maiores e que o mundo no que de viven é diferente ao noso.
Hai tempo que teño esa percepción, pois a miñas crianzas pasan bastante dos 12 anos e, mal que me pese, botaron a voar hai máis tempo do que son capaz de asumir. Pero sabes que? Volven, de vez en cando e, vale máis ese aloumiño primeiro co que arropupan, que canto de riqueza poida haber no mundo.

Déixao que medre e que marche, alá onde o seu espíritu o leve. Dunha ou doutra maneira, volverá. A esencia lévaa e iso é co que conta.

Felicidades para el. E para ti.

Souto de Herville disse...

Parabés para Xesu.
Xa é hora de facerlle unha compra moi especial para a súa hixiene persoal, follas de afeitar, espuma, e outras cousas.
Pola contra, o seu pai tamén tería que pensar que dentro de pouca xa o terá que levar a sitios de mala reputación para que se vaia afacendo as terribles historias que conleva o de medrar.

paideleo disse...

Trasmítelle as nosas felicitacións tardías !.
Graciñas polos piropos !.

paidovento disse...

A ver... E ti tes autorización paterna para publicar fotos de menores...?
Por esta vez que pase...
Un saúdo.

Rdf disse...

Parabens para o rapaz e mais para os seus. A seguir medrando.

Anônimo disse...

Parabéns a Xesus
Nesta data querida
Muitas felicidades
Muitos anos de vida.

Xesus, querido, tua tia Sandra e eu estávamos também de aniversário. Você não lembra, pois tinhas quatro anos quando decidimos juntar nossos trapinhos... Acho que já vai sendo hora da gente encarregar um priminho, que você nos vai ajudar a cuidar, pois teu bigode já é visível. Todo o amor do teu tio Bravo Brasilego, Nando.

Rdf disse...

Saudiña, Eva.
Moi agradecido polo amable correo.
Eu tam´´en che son admirador de Xano, de "Remexer na lingua" e outras das s´´uas p´´axinas.
(P.S. Desc´´ulpame esta graf´´ia tan estraña. Teño un problema coas teclas dos acentos que non sei como amañar.)

Anônimo disse...

mentres escoito a música escríboche para dicirche como fun quén de poñerme no teu sitio...
(Podo contar batalliñas?) recordo en concreto un momento:
cheguei de tomar unha copa, de madrugada, e fun ó seu cuarto, tiña 13 anos, durmía co xesto doce, sen a cara de malo que "ensaiaba" polo día... o que me chamou moitísimo a atención foron as mans... mireille as mans e eran case as mans dun home. cravadiñas ás do pai. mireille "o bigote", como se lle afiaba o narís, o queixo... estiven moito tempo mirando para él, creo que non o mirara tanto tempo seguido dende que era un meniño pequerrechiño nisa edade en que da gana de comelos de bonitos que están.
pois sí.
mentres viva lembrarei aquel intre no que comprendin que o seu medrar levaba implícito "perdelo" de algunha maneira, e aprendín en arne propia o que significa que os fillos non son nósos, son da vida, e nós somos soamente o vehículo que os trae a ela.

bueno, perdoa o rollo, pero cando me emociono, non me dou coutado