Onte foi un día inesquecible para a cidadanía do Porriño. Non sei moi ben explicar como me sentín, pero cando vin as imaxes da moción de censura no concello sentín como me subían as cores á cara, sentín que os latidos se me aceleraban e na miña boca pequena berrei cousas que non vou reproducir. Sentín vergoña polos insultos, os berros, os apupos, a mala educación, a falta de respecto polo Porriño e polo seu topónimo (centos de veces mal pronunciado) e pola falsidade e hipocrisía dos que agora chegan ao poder.
Non se entende moi ben como despois de seis anos e pico nos que gobernou en minoría o BNG, e nos que a "dereita tripartita" non conseguíu poñerse de acordo, agora toca a hora de facerse de novo amigos, seica que para gobernar polo ben de todos. E digo eu, se ata tiñan mala relación entre algún dos candidatos, que nin se falaban, de onde saíu agora este repentino "namoramento"? Non será que o encantador de serpes de Ribadumia tocou a melodía precisa no momento oportuno?
O conto é que se xuntan os do PP, os Independentes (unha escisión do PP), e máis Cidadáns... (unha escisión dos independentes), e por riba a forza máis votada das tres (PP) cédelle a alcaldía á segunda (Cidadáns), e o candidato dos Independentes di que deixa a política...
Ou eu son moi parva ou aquí cheira a ghato.
O único bo que nos queda de todo este vergoñento proceso é que unha boa parte da cidadanía foi quen de saír á rúa e dicir que isto era unha trapallada e que estaba en contra da moción. E así naceu a plataforma contra a moción de censura no Porriño.
De seguro que as cousas xa non volverán ser iguais, porque o noso silencio xa non o poderán mercar nunca máis.

7 comentários:
O malo das políticas son as persoas que se adican a ela e que, cando teñen unha mínima posibilidade de acadar cota de poder, se non foron educadas no respecto aos pobos, acaban por cambiar o seu norte por ese minúsculo anaco de poder.
O próximo ano son as eleccións municipais (creo) e hai que ir facendo sitio.
En fin! Lamentable. Tés razón en estar indignada.
Non o entendo. Pódese chegar a entender unha moción de censura, cando algo vai moi mal (que tampouco sei moi ben o caso), pero despóis de levarse a matar, por vergoña, non poden chegar a este nivel. E si a propoñen, e logo escoitan o sentir do pobo, como pasou aí, tiñan que botarse atrás.
Algo parecido pasara en Ponteareas, despóis de levarse mal entre PP e indpendentes escindidos, xuntáronse para recuperar o goberno cunha moción, e agora lévanse a matar, ou nin se levan.
En fin, esperemos que lle pase factura nas próximas eleccións (que non sei...)
Poderoso caballero es don Dinero.
Enfin, para as municipais mirarase o que opina a xente.
Quen me manda a min publicar un post sen visitar antes o teu blog?
Posiblemente no concello veciño pasará outro tanto do mesmo, dareille o pésame o que vive perto da miña porta.
A xente esquece, tristemente, a Diputación virá cargada con millóns...........
As cousas do poder traen estes lodos. Non vos sintades culpables vos: a responsabilidade é dos políticos que xogan á billarda cos desexos das persoas de a pe.
Apertas
Non filla, ti non es parva, querente facer, coma o resto da humanidade. Pero ti non te preocupes que xa lles chegará o seu San Martiño.....Por certo onde anda os do PP que poñían o berro no ceo a conta da moción de censura da Pajin and company.
Postar um comentário