Non tiven tempo nestes días pasados, así que agora vou deixar aquí a mostra de como quedou o ceo o mércores pasado, despois daquel diluvio que seica deixou máis de 100 litros/m2 en escasas 12 horas, en lugares tan perto como Mos ou Oia.
|
O sol asomándose detrás do Galiñeiro |
|
O arco da vella pousado no monte Castelo |
Hei de dicir que eu botaba a auga en falta "como auga de maio", pero tanta xunta e en tan pouco tempo fixo entolecer o noso siso, que despois da seca dos últimos seis meses case non me lembraba como chovía, se non fose polas películas.
Non é de estrañar que se anegasen baixos e que entrara auga nas casas coa que caeu, pero ás veces isto debería facernos pensar qué lle estamos a facer ao noso medio, pois algo estaremos a facer mal cando construimos sen deixar desafogo á auga nas nosas rúas, ou canalizamos os ríos sen previsión ningunha para cando se xunten choivas torrenciais coa preamar.
|
Gondomar anegado |
A ver se as próximas veñen máis devagariño e chove mansiñamente, que o que é pola nosa previsión nas construcións, aviados imos.
2 comentários:
Levas razón: non hai a preparación precisa para evitar que se asolaguen rúas cando a auga ven toda xunta e en pouco tempo. Quizais é que este noso país está preparado para chuvias constantes, pero calmas e, polo que se ve, as cousas foron cambiando tanto que non se dá feito a achicar auga.
Aínda así, benvida sexa. Dá gusto ver como mudou o ceo. Polo menos agora non hai fume. Que diso houbo este outubro para dar e tomar!
E agora tocarán días de chuvias intensas e outros suaves porque no inverno hai de todo.
Ogallá este inverno neve un pouco: o necesario para unhas fotos e tirar unhas bólas de neve.
Postar um comentário