Non puiden evitar pensar en varias ocasións, durante esta semana, na pouca memoria que temos (ou que ten a maioría da xente). Basta que nos emborrachen con noticias interesadas que logo esquecemos o que non interesa lembrar. Menos mal que houbo xente que nos refrescou a memoria e demostrou que a memoria tamén pode ser selectiva: Lira, Facer memoria, ou Os danos da marea negra.
Aínda así non podo esquecer a amargura e a angustia destes mesmos días do ano 2002, a tres semanas de ter a miña pequena, co maior ingresado no hospital con meninxite (que por sorte superou sen problemas), e o Prestige a verter "regueros solidificados con aspecto de plastilina en estiramiento vertical", chamados polo protagonista da frase "hilitos de plastilina". Ese 19 de novembro vino afundir en directo, na TV, dende o cuarto do hospital, a carón do meu fillo que se recuperaba.
E hoxe quixera ter de novo esperanza, pero as novas que nos agardan mañá non creo que vaian por ese camiño.
Polo menos haberá que seguir tendo memoria.
Um comentário:
Hai cousas que son difíciles de esquecer. Esta é unha delas, aínda que semella que a maioría da xente destas terras ten a memoria feble.
Bicos.
Postar um comentário