terça-feira, 15 de novembro de 2011

Magosto

E por fin chegou o magosto, que o ano pasado non puidemos facelo polo tempo os días que se podía.

E foi unha grande festa entre amigos, como nos vellos tempos: castañas, chourizos, empanada, tinto novo do Ribeiro e licor café. Que máis lle imos pedir?





Estivemos nos Canivelos, en Mende, e dende alí tiñamos estas fermosas vistas do Ceboliño e máis da cidade das Burgas.

Auriense
O Ceboliño
O día estivo especialmente quente e ventoso, que mesmo ás veces parecía que ían fuxir unhas muxicas a facer algún estrago. Mais finalmente a cousa non pasou a maiores. Ben é certo que cumprimos coas recomendacións do permiso do concello,  rodeamos a fogueira de pedras e apartamos canta cousa puidera prender nela, e finalmente deixámola ben apagada.

Así que o día saíu redondo, e o San Martiño deixounos gozar a nós máis cós devotos na véspera.


E quen se vai resistir a saborear ese viño e eses chourizos,  gozando da boa compaña dos amigos, que por riba están  tamén orgullosos da nosa lingua.

Nunca mellor dito o de LUME!
E que se repita moitos anos máis.



 

2 comentários:

A nena do paraugas disse...

Non hai cousa máis gratificante ca morder e saborear a amizade arredor dun bo lume, aderezada con chourizo, empanada, un viñiño novo e un pouco de licor café. Ata presta logo ese arume que o fume deixa na roupa!

Alégrame que o pasasedes ben!

paideleo disse...

Os magostos son boas festas sempre.
Lembro un magosto hai ben anos onde mollabamos chupachups na queimada.