E foi unha grande festa entre amigos, como nos vellos tempos: castañas, chourizos, empanada, tinto novo do Ribeiro e licor café. Que máis lle imos pedir?
Estivemos nos Canivelos, en Mende, e dende alí tiñamos estas fermosas vistas do Ceboliño e máis da cidade das Burgas.
Auriense |
O Ceboliño |
Así que o día saíu redondo, e o San Martiño deixounos gozar a nós máis cós devotos na véspera.
E quen se vai resistir a saborear ese viño e eses chourizos, gozando da boa compaña dos amigos, que por riba están tamén orgullosos da nosa lingua.
Nunca mellor dito o de LUME!
E que se repita moitos anos máis.
2 comentários:
Non hai cousa máis gratificante ca morder e saborear a amizade arredor dun bo lume, aderezada con chourizo, empanada, un viñiño novo e un pouco de licor café. Ata presta logo ese arume que o fume deixa na roupa!
Alégrame que o pasasedes ben!
Os magostos son boas festas sempre.
Lembro un magosto hai ben anos onde mollabamos chupachups na queimada.
Postar um comentário