Aínda que non sempre poño aquí os aniversarios dos cativos, desta volta préstame facelo, ao mellor porque presinto que agora xa comeza a "escapar", e o medo fai que unha queira prendelos para que o tempo non corra tanto. Pois así foi que a pequena fixo hai uns días os 9 anos.
Segue sendo cariñosa e mimosiña coma sempre, aínda que con eses "prontos" que ás veces fan presentir o carácter que vai ter de maior.
Xa case dá mal xeito collela no colo, pero aínda así ela (e nós tamén) devecemos por agarimala... Cousa máis bonita non a hai!
Segue sendo estudosa, traballadora e disposta, e anda todo o día a chimpos pola casa: ou saltando as escaleiras, ou bailando, ou facendo "posturiñas" de ximnasia rítmica. Ás veces pregúntome de onde saca tanta enerxía!
Oxalá que siga así de sa e feliz toda a vida, e que se siga deixando agarimar.
2 comentários:
Parabéns para Uxía e a súa mamá!
Cambiar cambian, pero co tempo retoman eses aloumiños e xestos agarimosos...
Bicos.
Noraboa para Uxía !.
Dou fe de todo o dito de que non é só amor de nai que é verdade.
Postar um comentário