terça-feira, 6 de novembro de 2012

Ghaiteiro da casa

Xa falei máis veces do orgullo, e do orgullo gaiteiro, pero é que desta volta a emoción foi moi grande e non quería deixar de poñelo aquí.

O ghaiteiro da casa tivo unha actuación máis emocionante ca outras e, sobre todo para el máis importante: estreouse en MOXENAS MUSICAL GALEGO, o 28 de outubro, en San Miguel de Oia.
Alí celebraban a festa anual da Federación Veciñal Eduardo Chao, e foi como a súa posta de longo.
Extrea en San Miguel de Oia
Os pais estabamos moi emocionados e orgullosos, claro, e el máis nervioso do habitual. Pero o ben que o pasamos oíndoos, e o que gozou el tocando - e mesmo nas pezas onde non tocaba -, xa compensaba todos os apuros de ensaios e clases durante a semana.

É dificil explicar a emoción ao sentir tocar a estes mozos, coa súa afinación e ritmo impecables. Pero para nós esta actuación foi algo máis, e así quero lembralo por moitos anos.

Para quen non os coñeza, deixo aquí un vídeo oficial do grupo coa Marcha de San Bieito.

2 comentários:

paideleo disse...

Son mui bos os Moxenas!.
Imaxino o ledo que estará o ghaiteiro da casa.

Concha L. F. disse...

Noraboa aos gaiteiros e gaiteiras! Gustoume!

Bicos.