quinta-feira, 17 de janeiro de 2013

Remate do ano

Aínda que hai tempo que non deixo nada por aquí, boto en falta facelo e compartir certas cousas que me gusta lembrar e que lembren os meus.

Hoxe, a palma dese "compartir" lévao o Feisbuc; é máis doado, rápido e inmediato. Ademais, ben usado - claro está -, permítenos compartir ideas, pensamentos, denuncias e saber de xente que se move no mundo cerca da nosa forma de pensar. E iso reconforta.

Pola casa non houbo moitas novidades, pero estes últimos meses lembrei aquela canción que cantaba Concha Velasco (á que lle van facer estes días unha homenaxe): "Mamá, quiero ser artista". E é que entre os enredos da nai e os dos fillos, levamos uns meses que isto parece unha "verbena".

Así que, para non esquecer, deixo aquí a lembranza dos últimos acontecementos, que nos mostran un remate do ano movidiño, pero moi divertido.
 














A nai nun festival folclórico


























O maior tocando con Moxenas e Luar na Lubre
A pequena desfilando co Club de Ximnasia Rítmica
 Oxalá que o ano novo nos traia a saúde necesaria para poder serguir gozando como nos gusta.

Um comentário:

paideleo disse...

Xa que non se me dá pola vea artística, a ver se participo como público polo menos.