quarta-feira, 13 de abril de 2011

Orgullo ghaiteiro

Aínda que xa pasou o día, non pasou de todo a romaría. Así que voume permitir un agasallo e presumir de fillo, que se estreou como ghaiteiro na Festa da Reconquista, que había que miralo (como dicimos os de aquí). Que contento estaba e que ben o pasou!
















E falando de orgullo ghaiteiro, o sábado 9 tivemos a sorte de asistir con este aprendiz de ghaiteiro e uns amigos ao concerto que Noitarega deu no Auditorio do Concello de Vigo, xunta a un feixe de convidados de honra. Foi un concerto de excepción no que cada convidado foi integrándose no grupo coma se todos fosen un. Dificilmente explicable con palabras a emoción e o orgullo de noso que transmitiron. 
Só vos recomendo, se é que vos gusta a música tradicional galega, que vaiades escoitalos cando poidades: de seguro que vos han sorprender e non vos deixarán indiferentes.

Para ir facendo boca aquí vos deixo o tema titulado De brincadeira, que canta xunta eles Silvia Costas.
Buscar más artistas como Noitarega en Myspace Music

2 comentários:

A nena do paraugas disse...

PArabéns para este mozo gaiteiro que está de estrea. Non me estraña que esteas orgullosa!

E grazas pola suxestión. Soa moi ben, coma toda a nosa música.

Un saúdo.

paideleo disse...

Ese ghaiteiro !!!!.
E a nai cantando non queda atrás.