Na nosa eira de Balixe hai unha cabana. Así é como lle chamamos alí ao hórreo tradicional, é dicir a aquela construción destinada a secar e gardar o millo, e tamén co tempo para gardar as patacas.
A estrutura desta cabana responde á tradicional nesta zona: pedra nos pinches, é dicir nos testeiros, e madeira nos laterais. Pinche chámaselle por extensión a toda a parede que queda de testeiro, tanto nas casas coma noutras construcións tradicionais, pero o nome é propio do remate triangular colocado na parte superior da parede dunha construción con tellado a dúas augas. Esta cabana de tres claros (cada unha das divisións da mesma delimitadas polos postes de pedra) está ben alta para facilitar a exposición ao aire e máis para impedir que os roedores subiran a ela e acabaran co millo. Esas pezas redondas de pedra sobre as que se pousa a cabana e que están enriba dos pés son os tornarratos.
Non todas as cabanas teñen a porta posta da mesma maneira; como ben se ve, nesta a porta está nun dos pinches, orientado ao norte, o que facilita a ventilación.
Como o meu avó era carpinteiro, o seu fillo maior tamén, e o pequeno tamén (meu pai), sempre había quen soubera organizar con madeira calquera espazo ou pendello. No interior desta cabana aínda se poden ver as divisións e os estantes dispostos para organizar o millo ou as patacas. Cando había un bo ano de patacas o fondo da cabana quedaba case cheo ata a metade coas patacas de comer. Logo, no estante superior, gardaban as patacas da semente para o vindeiro ano.A estrutura desta cabana responde á tradicional nesta zona: pedra nos pinches, é dicir nos testeiros, e madeira nos laterais. Pinche chámaselle por extensión a toda a parede que queda de testeiro, tanto nas casas coma noutras construcións tradicionais, pero o nome é propio do remate triangular colocado na parte superior da parede dunha construción con tellado a dúas augas. Esta cabana de tres claros (cada unha das divisións da mesma delimitadas polos postes de pedra) está ben alta para facilitar a exposición ao aire e máis para impedir que os roedores subiran a ela e acabaran co millo. Esas pezas redondas de pedra sobre as que se pousa a cabana e que están enriba dos pés son os tornarratos.
Non todas as cabanas teñen a porta posta da mesma maneira; como ben se ve, nesta a porta está nun dos pinches, orientado ao norte, o que facilita a ventilación.
O millo, unha vez esfollado, gardábase na cabana para deixalo secar e telo así almacenado. Ás veces, cando cumpría moito dispor do gran, debullábase e moíase demasiado pronto, cando aínda non estaba ben seco. Isto era o que facía "encaiar o muiño", é dicir, facer que a moa xirase mal por quedar a fariña húmida apegada a ela. Por iso moitas veces, cando había apuro para o moer, metían o gran no forno para secalo.
Desta frase procedente do mal funcionamento do muiño vén a expresión referida ás persoas "estar encaiado", cando alguén está moi teso ou non se desenvolve con soltura.
Desta frase procedente do mal funcionamento do muiño vén a expresión referida ás persoas "estar encaiado", cando alguén está moi teso ou non se desenvolve con soltura.
4 comentários:
Quedo encaiado co este posteo.
Gustoume muito !. Bueno, xa sabes que estes temas etnográficos son unha das miñas paixóns.
Nestas viaxes que pego ultimamente vou admirando a diferenza dos canastros segundo paso de zona.
Un saúdo para toda a familia.
A cabana foi pra mim a construção galega mais enigmática. No Brasil, quando eu era criança, tínhamos um feito de madeira pelo meu pai. Coisas da saudade... Eu pensava que era um templo funerário pra guardar as cinzas dos familiares. Como tinha uma cruz no telhado e estava elevado, achava que era pra que as almas dos seres queridos chegassem mais rápido no céu. Tempo depois fui saber com alívio que era apenas um armazém de grão ou comida. Uf!
Ademáis de engaiolarme coa exposición e magnífica aportación; quédome tamén coa denominación de cabana para hórreo, cousa que descoñecía.
Unha aperta
Postar um comentário