Non podía deixar de mostrar uns debuxos magníficos, feitos polo meu pai (que xa non está) e que ilustran como era o carro do país nesta zona.
Para dar autenticidade a estes deseños teño que dicir que meu pai era ebanista, que non é exactamente o mesmo que carpinteiro, pois trátase dun carpinteiro máis especializado que fai mobles e traballos delicados na madeira (ademáis, el tamén era un artista da talla). Pero alén diso, o seu pai era carpinteiro e facía sobre todo apeiros de labranza, e fundamentalmente carros, de aí que el soubera todos estes pormenores acerca do carro do país.
Nestes debuxos reproduce o carro do país do Val do Salnés, e como os carros mudan de feitura dependendo das zonas nas que se usan, tamén é certo que as pezas non se chaman igual en todas partes (nin sequera lle chaman igual todos os carpinteiros).
O xugo ou cangalla únese á cabezalla do carro polo temoeiro, no que se coloca a chavella atravesando tamén un burato que ten a cabezalla, e os coiros cos que se atan as vacas ou os bois son as brochas.
As dúas partes fundamentais do corpo do carro son o chedeiro e o rodal. O primeiro está formado pola mesa do carro, é dicir, a cabezalla, as chedas (unha a cada lado da anterior), que se unen a través das rellas do chedeiro, e as táboas do piso.
Logo, no conxunto de pezas que forman o rodal está o eixo, unido ao piso do carro e ás chedas polos coucóns, e as rodas. As rodas do carro, tamén moi diferentes en cada recanto do país, están formadas por unha peza central que encaixa no eixo, o minle, e dúas pezas semicirculares unidas a este que son as cambas. Por fóra, e para facer máis fortes as rodas e que non se gasten a correr, está a ferraxe, que é unha lámina de ferro colocada no perímetro da roda, unida a esta polos betoques da ferraxe (19).
A buxa (15) é a peza de madeira na que vai encaixado o eixo do carro, que queda suxeita a éste pola deitoira.
Cando é preciso pousar o carro, xa sen animais ao xugo, ou para facer un alto no camiño, esténdese o tentemozo, un pau longo que serve de soporte á cabezalla, e que cando está recollido póusase no gancho do tentemozo.
A ver quen di algunha peza que me esqueceu...

4 comentários:
Falta o carburador e mais a correa da distribución.
Agora en serio, o post está ben logrado e os debuxos son fantásticos.
Unha aperta.
Oi Eva, Feliz Aniversário! Já temos algo mais em comum: meu pai também era carpinteiro-marceneiro. Uma longa tradição familiar que eu não segui. Meu bisavô faleceu trabalhando, no conserto do telhado da igreja de São Francisco em Ponte Vedra, no ano 1910. Curiosamente o "andâmio" feito pra chegar no teto custou mais do que a obra em si. Naquela época eram de madeira.
Un posteo formidable !. Non sabía que teu pai tiña esas mañas para o debuxo e a ebanistería.
Eu pouco podo engadir. Quizais dicir que lles chamaban fragueiros especificamente aos carpinteiros de carros do país.
Unha peza que falta é o que chaman en Arbo canizos, que son unhas táboas horizontais que se poñen nos laterais apoiadas nos estadullos ou fungueiros e que son para amparar a carga.
Seino porque aínda hoxe se lle chama así ás táboas do remolque do tractor ( que si leva carburador e correa de distribución ).
Feliz aniversario e noraboa por levar tan ben levados eses trintaetantos !.
Postar um comentário