domingo, 1 de novembro de 2009

Nébeda

Xa hai ben tempo que teño interese nesta planta aromática, a nébeda ou néboda.
O certo é que na nosa casa chámanlle "nédiva" e é a herba coa que condimenta a miña avoa o guiso de xoubas ou as filloas. Pero ademais hoxe descubrín, falando con Naideleo, que tamén lle queda moi ben ao peixe cocido e ás castañas. É sorprendente a cantidade de usos que se lle pode dar aos froitos da natureza.


Pois ben, a nébeda (Calaminta nepeta), á que tamén chaman en portugués "erva das azeitonas"e en castelán "calaminta" ou "albahaca", non debe confundirse coa Nepeta Cataria ou "herba gatuna", que aínda que presentan un feitío parecido esta segunda seica ten unhas propiedades "alucinóxenas" para os gatos e en canto a topan non son capaces de apartarse dela.

Como xa estamos no tempo das castañas habemos experimentar coa nébeda tamén ao facelas cocidas, que eu só sabía o de cocelas con anís ou fiuncho, e hai que estimular os sentidos.

Haberá que ter conta e fixarse nos seus efectos, non sexa o demo que vaia ter sobre nós influencias semellantes aos da gatuna sobre os gatos.

6 comentários:

paideleo disse...

Eu non o teño nada claro pero Naideleo di que o peixe leva albahaca e as castañas néboda e son distinta cousa.
Fedellando pola interrede descubrín un blogo de receitas onde poñen néboda ao bandullo ou budin.
Supoño que non será alucinóxena.

paidovento disse...

Moitas herbiñas hai nesa eira.

Acuática disse...

Na miña casa xa temos usado a nébeda para as castañas e para outros experimentos cos que se atreve o cociñeiro. E efectos nunca nos fixo, tamén é verdade que ás veces xa estamos "alucinados" de serie.

Grazas por descubirme a túa páxina.

Anônimo disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
Anônimo disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
Anônimo disse...

effidenty

[url=http://healthplusrx.com/anemia]anemia[/url] loulleyimmews