quinta-feira, 15 de março de 2012

Do Galiñeiro ao Aloia

Foi un domingo redondo, poderiamos dicir.
Aproveitando que parte do grupo ía botar os sete fígados durante 10 km,o resto fixemos unha andaina do Galiñeiro ao Aloia.

A ruta só ten algo de dificultade no primeiro quilómetro, onde están as pendentes de ascenso ao Galiñeiro, pero despois vai ascendendo de vagar e sen grandes sobresaltos.

O peor é esta seca que non nos deixa; había lugares que nesta época están enchoupados de auga nos que non se vía nin gota, e en moitos outros a seca é tal que ao pisar escóitanse os lamentos das follas e da herba  que renxen baixo os pés.

Os 9 quilómetros de percorrido teñen unha recompensa marabillosa: a vista do Val Miñor e da enseada da Praia do Canido (nome antigo da actual Praia América), o Val da Louriña e o monte Galleiro ao norte, e finalmente o Val do Miño que separa as dúas marxes xémeas dunha realidade administrativa diferente: Portugal e Galicia.

O peor desta seca é que temos o tempo a destempo, e polo tanto, os incendios a sobrevoar os nosos montes. Na foto que tirei dende o Aloia pódese ver como o val do Miño está cuberto dunha mestura de fume e néboa que parece abafarnos.


A ver se nuns días chega a auga bendita do ceo.

3 comentários:

paideleo disse...

Esa é unha boa camiñada.
Non paras,Eva.

A nena do paraugas disse...

Vaia andaina! Envexo esas pernas lixeiras que tés!

Xa ves. Choveu un pouco o sábado e o domingo pasado e velaí marchou a abundancia de chuvia.

E dicir que en Murcia hai 20cm de neve! Co que nos cumprían aquí tan sequera 5!

Bicos.

paideleo disse...

" Paseei " pola túa casa en google maps e non debiades de estar na casa no momento da foto que estaba o pan pendurado na porta.
Tés razón. Mira que hai centos de nomes para bautizar un calexón e vanlle meter semellante nome a esa Travesía de las Necesidades.