Foi un domingo redondo, poderiamos dicir.
Aproveitando que parte do grupo ía botar os sete fígados durante 10 km,o resto fixemos unha andaina do Galiñeiro ao Aloia.
A ruta só ten algo de dificultade no primeiro quilómetro, onde están as pendentes de ascenso ao Galiñeiro, pero despois vai ascendendo de vagar e sen grandes sobresaltos.
O peor é esta seca que non nos deixa; había lugares que nesta época están enchoupados de auga nos que non se vía nin gota, e en moitos outros a seca é tal que ao pisar escóitanse os lamentos das follas e da herba que renxen baixo os pés.
Os 9 quilómetros de percorrido teñen unha recompensa marabillosa: a vista do Val Miñor e da enseada da Praia do Canido (nome antigo da actual Praia América), o Val da Louriña e o monte Galleiro ao norte, e finalmente o Val do Miño que separa as dúas marxes xémeas dunha realidade administrativa diferente: Portugal e Galicia.
O peor desta seca é que temos o tempo a destempo, e polo tanto, os incendios a sobrevoar os nosos montes. Na foto que tirei dende o Aloia pódese ver como o val do Miño está cuberto dunha mestura de fume e néboa que parece abafarnos.
A ver se nuns días chega a auga bendita do ceo.
3 comentários:
Esa é unha boa camiñada.
Non paras,Eva.
Vaia andaina! Envexo esas pernas lixeiras que tés!
Xa ves. Choveu un pouco o sábado e o domingo pasado e velaí marchou a abundancia de chuvia.
E dicir que en Murcia hai 20cm de neve! Co que nos cumprían aquí tan sequera 5!
Bicos.
" Paseei " pola túa casa en google maps e non debiades de estar na casa no momento da foto que estaba o pan pendurado na porta.
Tés razón. Mira que hai centos de nomes para bautizar un calexón e vanlle meter semellante nome a esa Travesía de las Necesidades.
Postar um comentário