Resulta moi curioso observar a estrutura da cidade e constatar e pervivencia de vestixios das tres culturas que atravesaron a súa historia: musulmá, xudea e cristiá.
En canto entamos na cidade a través a Porta da Bisagra, parecía que nos trasladaramos a unha época remota, onde as espadas e os coitelos (á venda en todas as tendas de recordos), parecían convidar a loitas de conquista ou a xogos de cabaleiros medievais.
Porta do Sol |
Porta da Bisagra dende a rúa Real de Arrabal |
Torre da Catedral dende o Claustro |
Sinagoga da Virxe Branca |
Claro que co tempo os cristiáns foron apropiándose dos templos doutras relixións para facelos seus. Consequencias da Reconquista...
Pero por riba de todo ese rico patrimonio material queda aínda o inmaterial, vivo aínda nos seus costumes, na mestura de tradicións e no respecto que durante séculos tiveron os toledanos ás distintas relixións e culturas que alí viviron. O peor, coma sempre, a intransisenxia (Reis Católicos e Inquisición) que viu despois de varios séculos de convivencia pacífica, sobre todo do XI ao XIII, nos que Toledo foi centro comercial, cultural e científico da Península. A Plaza de Zocodover é unha boa mostra desa mestura, que foi cambiando co tempo e que irradia dende alí todos as compoñentes culturais toledanas.
E claro, esa cultura tamén se manifesta na gastronomía, que non pode ser máis rica e saborosa.
Os sabores e os cheiros toledanos tamén son un valiosísimo "souvenir" que nos refrescará sempre os sentidos: mazapáns, carcamusas, asadillo ou pisto manchego seguirán sempre no noso padal.
Unha boa experiencia moi recomendable. Iso si, mellor en días de semana que non sexan festivos: hai xente ata debaixo das pedras.
Esta foto da Porta de Alfonso VI é moi estraña: non sae ninguén por detrás nosa.
4 comentários:
Eu só estiven en Toledo unha vez haberá case vinte anos e lembro as tendas de souvenirs e as ruas estreitas.
Gustoume a reportaxe que foi coma un paseo virtual xa que non se pode facer unha visita real.
A descrición da túa visita a Toledo case me leva da man polos seus recantos. Cando vaia, de seguro que non me perdo, pois tomarei boa nota das túas palabras.
Un abrazo.
Fermosa cidade que ben merece unha visita.
Postar um comentário